Consello Social da Universidade de Vigo
Inicio
Presentación
O Consello Social da Universidade de Vigo

O Consello Social, que goza de plena independencia no exercicio das súas competencias, é o órgano de participación da sociedade na Universidade que impulsa a colaboración entre elas contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia; á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e mais á obtención dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira.

Por lei, correspóndelle ao Consello Social, entre outras funcións: aprobar o orzamento anual e a programación plurianual da Universidade tras o informe do Consello de Goberno; exercer directamente –ou solicitala externamente– a auditoría e control interno das contas da Universidade; aprobar a disposición sobre bens inmobles e mobles da Universidade e a desafectación dos seus bens de dominio público; supervisar o rendemento e a calidade dos servizos universitarios; promover a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da Universidade; impulsar actuacións que propicien un maior achegamento dos estudantes ás demandas do mercado laboral; favorecer as actividades orientadas a completar a formación integral dos estudantes; propoñer á Xunta de Galicia a creación, implantación ou supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias; fixar os prezos das ensinanzas propias, dos cursos de especialización e os referentes ás demais actividades autorizadas pola Universidade; realizar estudos sobre materias da súa competencia e outorgar premios.

O Consello Social está integrado por un máximo de 28 membros:

•    Serán membros natos: o reitor da Universidade, a secretaria xeral e a xerente.

•    En representación do Consello de Goberno da Universidade: un profesor, un estudante e un representante do persoal de administración e servizos.

•    En representación dos intereses sociais: o presidente do Consello Social, seis membros designados polo Parlamento de Galicia, seis membros designados pola Xunta de Galicia, dous membros designados polos sindicatos máis representativos no territorio da comunidade autónoma de Galicia, catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; e un membro designado por cada unha das tres corporacións municipais onde se localizan os campus.

A través do seu representante neste órgano, o alumnado poderá formular todas as peticións que poidan ser competencia do Consello Social.

Data de constitución do Consello Social da Universidade de Vigo: 20/07/95

O presidente do Consello Social será designado polo presidente da Xunta de Galicia entre personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral e social non pertencentes á comunidade universitaria; por proposta do conselleiro competente en materia universitaria, logo de comunicarllo ao reitor da Universidade.

Por decreto 180/2011, do 1 de setembro, (DOG de 22 de Setembro de 2011), don Alberto Nuñez Feirjoó, nomea presidente do Consello Social da Universidade de Vigo a don Ernesto Pedrosa Silva

Con anterioridade desempeñou esta responsabilidade don Emilio Atrio Abad.

Ernesto Pedrosa Silva2.jpg
      

Contacto


Edificio Miralles - Campus universitario

36310 VIGO

TELÉFONO: 986 81 26 63
FAX: 986 81 26 86

E-MAIL: secoso@uvigo.es

    

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social
da Universidade de Vigo.

  
Inclúe tecnoloxía PipePS v1.x
Consello Social da Universidade de Vigo - (c) 2009